A Asociación A Solaina envía un informe ao Ministerio de Cultura sobre a casa "Museo de Combarro"

A ASOCIACIÓN A SOLAINA ENVÍA UN INFORME AO MINISTERIO DE CULTURA SOBRE A CASA " MUSEO DE COMBARRO". CONSIDERA QUE ESA CASA É DE PROPIEDADE PÚBLICA. PERTENCE AO PATRIMONIO DO ESTADO.

A Asociación a Solaina envía un Informe ao Ministerio de Cultura sobre a Casa " Museo de Combarro". Considera que esa casa é de propiedade pública. Pertence ao Patrimonio do Estado.
Esta "casa barroca" foi expropiada en 1973 por razóns de utilidade pública, por parte da Dirección Geral de Bellas Artes, do Ministerio de Educación y Cultura, para ser convertida en Museo etnográfico dedicado ao mundo do mar e ao modo de vida na Galicia mariñeira.
Segundo puido investigar esta Asociación A Solaina, un escrito asinado en Madrid o 14 de xullo de 1981, por Javier Tusell, Director General de Bellas Artes, afirma de forma rotunda que esa casa "fue adquirida en 150.000 pts. en 1973 y abonada en su momento" a Florinda Salgueiro Romero, a súa antiga propietaria.
A Solaina envíalle información precisa ao ministro de Cultura sobre Florinda Salgueiro, que morreu en Montevideo no ano 2000. E pídelle ao ministro que se requira oficialmente a documentación testamentaria en Uruguay, na que presumiblemente se poderá comprobar que daquela Florinda Salgueiro xa non era propietaria desa vivenda de Combarro. Polo tanto, non chegaría a facer cesión da mesma nas súas últimas vontades.
A Solaina tamén lle proporciona ao ministro outras informacións concretas sobre o proxecto de Museo do Mar en Combarro, que permitirán comprobar que o Estado era xa titular dese edificio nos anos 1970. (Ese inmoble foi cedida polo Delegado Provincial de Cultura do Goberno de España ao Ateneo, para ser usado, desde principios da década de 1980, como local sociocultural).
O Informe de A Solaina, entregado a semana pasada, conclúe con estas dúas peticións moi precisas ao ministro de Cultura:
"
1) Impulse las acciones oportunas para que el Estado español reivindique y haga efectiva la legítima titularidad, a través de la Abogacía del Estado, de esta casa barroca de Combarro de que tratamos;
2) Retome el proyecto de impulsar en este Conjunto Histórico de Combarro el Museo del Mar, iniciado en 1969 con su aprobación y publicación en el BOE de 30-9-1969, p. 15301. De los tres previstos en Galicia, O Cebreiro, Ribadavia y Combarro, los dos primeros se crearon, y éste de Combarro quedó pendiente…"

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”