En 1972, Combarro e declarado como conxunto artístico e pintoresco pola súa singular fisionomía.
O mar no século XX tamén viu desenvolver o turismo, reflectido desde 2008 no Porto Deportivo de Combarro. Na década de 1960, os veraneantes volvéronse figuras familiares dos veráns desta vila. Pero os «baños de onda» xa están presentes nas súas praias durante o primeiro terzo do zéculo pasado, cando Combarro foi descuberto por algúns artistas, fotógrafos, xornalistas e intelectuais. Estes convertérono nunha icona do turismo cultural de Galicia e sentaron as bases para a preocupación por preservar a súa harmonía arquitectónica e paisaxística. Este interese culminou, en 1972, coa citada declaración como conxunto artístico e pintoresco pola súa «singular fisionomía».
Comentarios
Publicar un comentario