DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Varios pioneiros da fotografía xa o fixaran por aquel entón en imaxes viradas ao sepia ou ao branco e negro; entre eles, Francisco Zagala, Joaquín Pintos, Jaime Pacheco, Luis Ksado, José Gil ou Jaime Solá, quen lle dedicou varias reportaxes na revista Vida Galega durante os anos vinte. Tampouso faltaron os estranxeiros: a norteamericana Ruth Matilda Anderson fotografou Combarro en 1925-1926, e o alemán Otto Wunderlich en 1929.

Outro tanto fixeron varios artistas. Nas calellas de Combarro, nas súas praciñas, nos seus hórreos, nos seus cruceiros o no seu diálogo co mar, coma se fosen enxame, os paisaxistas atoparon o pintoresco, isto é, o digno de ser pintado. Entre eles cómpre citar a Eliseo Meifrén, Federico Alcoverro, Alfredo Souto, Francisco Lloréns, Prudencio Canitrot, Hermenegildo Anglada, Carlos Sobrino, os irmáns Campo Sobrino, Eduardo Martínez, Alfonso R. Castelao, Virxilio Branco ou o cartelista Federico Ribas. A estes uníronse varios escritores, xornalistas ou publicistas, tanto locais coma estranxeiros. As británicas Annette M. B. Meakin e C. Gasquoine Hartley incluíron Combarro nos seus emocionantes relatos de viaxes “Galicia. The Switzerland of Spain” (1909) e “Spain Revisited”. A “Summer Holiday in Galicia” (1911). Entre os nosos son de destacar varios autores. Un deles é o escritor pontevedrés Prudencio Canitrot, que tiña casa en Combarro que contaba cunha «ampla solaina por onde penetra o sol, dourando as espigas de millo colocadas en restra» e á que en 1910 «só lle faltaba unha cousa: o liño que a miña avoa poñía a secar para logo fialo na súa roca». Nesa «vella casa familiar» escribiu Canitrot “Rías de ensueño” (1910), título que establece unha especie de slogan turístico que logo recolleu Federico Ribas no fermoso cartel “Rías Gallegas. Lugares de ensueño”, editado en 1929-1930 polo Patronato Nacional de Turismo.

"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”