A VIRXE DA RENDA

SEGUNDO A LENDA, O CORSARIO FRANCIS DRAKE, NA ILLA DE TAMBO, GUINDOU A IMAXEN DA VIRXEN DE GRACIA AO MAR, OS MARIÑEIROS DE COMBARRO RECUPERARON A IMAXEN E FOI LEVADA A ERMIDA DA RENDA.

Nas proximidades de Combarro, no lugar do Xuviño, érguese a capela da Virxe da Renda. Esta ermida de Santa María de Renda xa é citada en 1568 na documentación do Mosteiro, nun arrendamento no que se inclúe «un tallo de heredad sobre la ermita de Santa María de Renda».

Preto de Combarro, na illa de Tambo, tamén había unha igrexiña de Nosa Señora Santa María de Gracia, que foi destruída en 1589 polo corsario Francis Drake. Este, segundo a lenda, guindou as imaxes desta capela ao mar, entre elas a da Virxe da Gracia, que foi recuperada polos mariñeiros do pobo e levada á ermida da Renda, onde se venerou desde aquela ata a década de 1980. Desde entón consérvase nunha capeliña existente na Igrexa de San Bernardo de Combarro, inaugurada en 1984, fóra do conxunto histórico.


·
"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
·
Foto: Ermida da Renda. Procesión da Virxe da Renda.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.