Combarro. Arquitectura.

Arquitectura popular tamén significa que estamos ante unha arquitectura sen arquitectos, anónima ou, sen máis, unha arquitectura xurdida das necesidades e as respostas funcionais ás mesmas, baseada nos recursos locales, na experiencia acumulada, nas tradicións e nun modo particular de ligar as xentes ao territorio e de interpretalo. Está é unha das facetas quizais máis cautivadoras de Combarro. Cando un se sitúa no medio do pobo é posible que lle aborde unha dúbida: como foi posible que os seus tradicionalmente humildes moradores puidesen aprender a difícil lección de unir a dureza do seu traballo coa beleza das súas construcción? Pode que parte da explicación estea na proximidade do Mosteiro de Poio e nas condicións que os seus abades lle poñían aos vecinos de Combarro cando lle aforaban unha terra para que puidesen levantar nela unha casa-vivenda, que se tiña que ater a unas determinadas características construtivas. É posible tamén que influíse a existencia dun grupo de canteiros, quizais familiarizados coa arquitectura popular das terras do Ribeiro, segundo ten interpretado Felipe Senén, que facían obras, requintadas, para este mosteiro beneditino. É posible. En todo caso, a resposta non é fácil nin pode ser a día de hoxe definitiva. E, de calquera maneira, a pregunta mencionada emociónanos, como tamén debeu de emocionar ao famoso arquitecto Bernard Rudofsky, que incluíu as construcións de Combarro na súa inesquecible exposición do Museo de Arte Moderna de Nova York «Architecture without Architecs» («Arquitectura sin Arquitectos», 1964-1965), unha expresión afortunada da que hoxe case ninguén prescinde.

·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Combarro, floración do granito. 2012. Carlos Docampo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.