Combarro. Arquitectura.

Tamen desde aquel eixo principal da Rúa-San Roque saen os canellóns que descenden cara ao mar. Este é quen ordena a vida do pobo. A lóxica construtiva do Combarro herdado está traspasada pola presenza do mar e dos areais ricos en moluscos. Así, as casas dispone de dúas cotas ou niveis , e alí onde mellor se conservan as tipoloxías tradicionais, unas superan en altura ás outras. De forma que todas maximizan a visión sobre a ría. Esta visión máxima para o maior numero posible é o que explica que as casas, dispostas entre medianeiras, presenten frontes estreitas. No barrio mariñeiro da cidade da Coruña chamanlles as «casas do remo».

Outros pobos mariñeiros repiten esta mesma disposición e tipoloxias. Con todo, se nos detemos un pouco máis ante as vivendas de Combarro constatamos que estamos lonxe de ver todo uniforme.

#conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #galicia #pontevedra #poio #turismo

·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Escena familiar mariñeira. Combarro.
Carlos Sobrino. Acuarela. Colección Novagalicia Banco.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Sobre unha das dúas casas barrocas para o Museo do Mar de Combarro.

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Cruceiro do Adro.