Combarro no Catálogo de Monumentos Nacionais do Tesouro Artístico.

En 1944 iniciase o expediente para a inclusión de Combarro no Catálogo de Monumentos Nacionais do Tesouro Artístico.

A súa vez, novos escritores e estudosos da arte tomaron a substitución ou sumáronse aos pioneiros. José Trapero Pardo, Juan Novás, Manuel Chamoso Lamas, xunto con Filgueira e Sánchez Cantón, son algún dos nomes que se uniron á admiración, ao interese pola conservación do patrimonio construido de Combarro. Destes difusores de cultura veu o proceso para declaralo como patrimonio monumental, artístico e histórico que había que conservar. Sánchez Cantón, por exemplo, xogou un papel importante. O trámite iniciouse formalmente en 1944-1948, cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Pontevedra acordou «incoar o oportuno expediente para a inclusión do conxunto urbano de Combarro no Catálogo de Monumentos Nacionais do Tesouro Artístico».

·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Otto Wunderlich, Combarro, 1929.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”