Entradas populares de este blog
“Conservas de Combarro”
Tamén se desenvolveron aquí a industria de salgadura e de conservas. En 1942, José Malvar Corbal e Vicente López García Mosquera foron autorizados a abrir unha fábrica de peixes e mariscos, que funcionou ata mediados da década de 1960 e comercializou a marca Conservas Combarro. O pintor Carlos Maside deixounos en 1952 un exquisito testemuño artístico da mesma, no que vemos as mulleres do pobo traballando na fábrica. "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. Fotos: Mulleres na fábrica de Combarro. 1952. Carlos Maside. Óleo. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #riadepontevedra #poio #marisqueo #conservas
Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.
O soporte do balcón resólvese con varias solucións constructivas. Explicárono moi ben Francisco Guerra, no seu traballo de fin de carreira (Combarro, exemplo de construccións populares, 1987), e Manuela Constantino na súa “tesi di laurea”, defendida no Instituto Politécnico de Turín (Ipotesi dei conservazione e valorizzazione dell’architettura vernacolare in Galizia: il caso studio dei Combarro, 2010). Os chans dos balcóns, de lousas de granito, son soportados por canzorros, por ménsulas encaixadas no muro da vivenda ou por medio de trabes de pedra que descansan, á súa vez, sobre columnas. Con esta última solución xorden os “soportáis”, que, cos balcóns, dotan a Combarro dun particular tipismo. No noso caso non son moi amplos, pois apenas superan o metro de anchura, outra expresión máis das limitacións espaciais do pobo. Isto fai que os soportáis funcionen aquí máis como lugares de acubillo e protección das entradas das casas ante as inclemencias do tempo que coma espazos habituais de
Comentarios
Publicar un comentario