A fonte da Cruz.

 A fonte da Cruz sufreu hai xa algúns días o impacto dun veículo. É necesario reparala.

A Asociación A Solaina, recollendo o sentir dos veciños e veciñas da Rúa, da Rualeira e da Cruz, interesouse polo estado da fonte do lugar ante o Concello de Poio. Solicitou a súa reparación e que se lle coloque a placa que tiña no seu día, que facía alusión ao ano da súa construcción, en 1915.
Hoxe mesmo se nos comunicou que o Concello de Poio xa está tramitando a reparación. O problema foi que un coche de reparto bateu nela. Será o seguro do coche quen cubra a reparación, segundo nos informan. Aproveitaráse a reparación para colocarlle a placa solicitada.
···



Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.