Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.


As casas con sobrado son as máis estendidas. Observámolas ao longo da Rúa, a rúa de San Roque, a rúa do Mar ou nos lugares da Pedaporta e Tarrío. Todas elas presentan dimensións moi parecidas. Nese feito puideron influír os niveis de renda das economías familiares, relativamente próximos, a vontade dos frades do Mosteiro de Poio de facer repartimentos de parcelas de tamaños semellantes para a edificación de vivendas entre os “colonos” baixo a súa xurisdición, ou as limitacións de medio físico (a escaseza de chan edificable) e o feito aludido da procura dun maior dominio visual sobre o mar; isto fai que, polo xeral, estas vivendas non superen os cinco ou seis metros de ancho na súa fachada principal.
Son casas estas que están dispostas entre medianeiras e teñen planta baixa e un piso (o “andar”). Unha escaleira interior permite acceder desde o baixo á planta superior. Unha variante desta casa é a que nos ofrece un acceso exterior a través dunha escalinata de pedra (o “potiño”), elemento que outorga unha singular calidade formal á vivenda. Con todo, quedan moi poucos exemplos.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro". Rafael Vallejo Pousada.
·
Debuxo: Casa con sobrado. Francisco Guerra.
·
·




Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.