Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

No andar das casas con sobrado, que tradicionalmente teñen chan de madeira, atopamos a cociña, a sala, os cuartos e o balcón. A cociña tradicional acolle a lareira de pedra, onde se fai o lume e xeralmente o forno para cocer o pan. Tanto lareiras coma fornos estaban alimentadas coa leña recollida nos montes próximos, en boa parte comunais. O papel destes na vida das comunidades rurais galegas é transcendental, pois subministraban enerxía, madeiras para a construcción e diferentes esquilmos (toxo, muíña, follato), así como pastos para as ovellas e vacas, cuxa importancia apenas podemos hoxe imaxinar. Actualmente vivimos de costas aos montes nestes pobos litorais de Galicia. Sen eles, con todo, non teriamos chagado ata aquí. Nas cociñas de Combarro, as lareiras foron despois substituídas por cociñas de ferro, e estas, á súa vez, polas de butano desde os anos setenta.

O “sobrado” ou sala é o espazo maís amplo da casa e, xunto coa cociña, o centro da mesma. Nel estaban os mobles máis coidados: o aparador, as arcas, unha almofía para o aseo diario e unha mesa na que se come os días de festa. As alcobas, dunha o tres, son reducidas, pois nelas cabe a cama e pouco máis. O predominio dos muros medianeiros entre as vivendas daba lugar a que estes dormitorios tivesen escasa ventilación.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Debuxo: Lagar. Francisco Guerra. Combarro.
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.