Combarro. Arquitectura. Casa Labrega.


Da casa labrega (campesiña) só se ofrecen uns cantos exemplos situados nos bordos nordeste e oeste do pobo. Tradicionalmente foron poucos os casos de enconomías domésticas exclusiva ou fundamentalmente agrícolas; por poner un dato de referencia, en 1719 había únicamente dezanove familias de “labradores”. Esta vivenda labrega caracterizase pola súa amplitude e por ter unha porta ancha para a entrada do carro de vacas, carro que deixu esculpido o seu paso polas rúas nas rochas do pobo (as rodeiras), como aínda se pode ver nas inmediacións da igrexa de San Roque. Esta casa dispón así mesmo dunha serie de construcións adxetivas, tales como alpendres ou alboios e cortellos. Non é que noutras casas non existisen estes anexos; o que sucede é que nas labregas son máis evidentes e importantes. Unha variante dos citados alboios son as pallotas, sinxelas construcións de planta rectangular e cuberta de palla ou de tella a dúas augas, dispersas entre as zonas de cultivo ou ás veces no monte, nas que se almacenaban apeiros, leña ou varios esquilmos (muíña, toxo,…).
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Praza e Vivendas en San Roque. Combarro.
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.