Combarro. Arquitectura. Casa vivenda.


As vivendas tradicionais de Combarro presentan polo menos tres tipoloxías: a casa terreña, a casa labrega e a casa con sobrado. Son tipoloxías que en ocasións se combinan ata ofrecer unha riqueza de matices que cómpre apreciar. É de destacar así mesmo que, en xeral, estas casas se caracterizan pola súa sinxeleza construtiva, como corresponde a mostras de arquitectura popular, aínda que, iso si, elaboradas cunha excelente cantería de granito.
·
"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.
·
Foto: Rúa de San Roque. Combarro.
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.