Logotipo conmemorativo do 50 Aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico Artístico!

Mais Deseño:

Logotipo conmemorativo do 50 Aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico Artístico!

Cada un dos detalles do logotipo está estreitamente relacionado co conxunto histórico e característico de Combarro.

As premisas básicas para o deseño deste logotipo foron a institucionalidade, que fose o suficientemente potente para que trascendera o ámbito local e tamén que transmitira a esencia do patrimonio de Combarro, saíndo dos tópicos.

Pareceume fundamental que a gráfica fose acorde coa importancia desta conmemoración.

O logo está conformado por cinco elementos gráficos.

O 50 que fai de "0" e o mesmo tempo de "C", cun punto central inspirado na tipografía deseñada por Castelao que focaliza esa converxencia e reforza o vínculo entre Combarro e este aniversario. Combarro non se entende sen o mar, polo que os elementos fundamentais do logotipo aséntanse sobre unha onda mariña.

A tipografía principal foi escollida polo seu dinamismo, elegancia e a súa lexibilidade. 
Esta base tipográfica contén os elementos arquitectónicos que caracterizan a Combarro, como son as palleiras (m) cos seus tornarratos e os soportais (rr) representados desde un novo punto de vista.

O tipo de letra empregado para o atributo, Conxunto Histórico, é sans serif (de pau seco) para darlle un enfoque actual, acorde co 2022 pero sen esquecer o 1972.




Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.