Entradas

INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022 A Asociación A Solaina ven de presentar, aos grupos políticos con representación no Concello de Poio, o   " INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022)". A reunión valorámola en termos positivos, dado o clima de cordialidade e a vontade de buscar consensos na materia tratada, manifestados polo Alcalde de Poio e os voceiros dos distintos grupos, Chelo Besada e Ángel Moldes. O documento tamén foi entregado hoxe ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Educación e Cultura, así como á Presidenta do Parlamento de Galicia, para a súa remisión ...

PRESENTACIÓN DE INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O LUNS 28 DE ABRIL

Imagen
INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO   O próximo luns, 28 de abril, esta Asociación A Solaina celebrará unha reunión no Concello de Poio co Alcalde, Luciano Sobral, e cos voceiros e voceiras dos tres grupos políticos con representación política en Poio, o BNG, o PSdG-PSOE e o PPdG. Nesa xuntanza presentarémolle o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado por esta Asociación A Solaina. Nel faise un documentado diagnóstico sobre a situación socioeconómica de Combarro e a do seu patrimonio cultural, e se propón un Plan de 10 medidas para garantir a súa conservación. A reunión terá lugar ás 17 horas nas dependencias municipais. Tras a reunión, ás 18 horas, a Xunta Directiva de A Solaina dará unha roda de prensa, na que explicará aos medios de comunicación, os detalles e alcance do Informe. A realización deste Informe fora comprometida ante o Concello de Poio pola dirección de A Solaina, en novembro de 2012, con motivo da conmemoración ...

AS PALLEIRAS DE COMBARRO, "UN PATRIMONIO EN PELIGRO"

O domingo 7 de marzo de 2014 Faro de Vigo publicou no seu caderno dominical Estela (número 619, páxinas 6 e 7) unha reportaxe sobre a situación das palleiras de Combarro. Asinábaa J. A. Otero Ricart co título de "Combarro, un patrimonio en peligro". A ampla reportaxe incluía o artigo de Rafael Vallejo, "A Capela Sixtina da arquitectura popular". Nel ponse de manifesto a falta de salvagarda destas construcións populares en Combarro, así como a carencia, a nivel municipal, "de dirección, de criterios de protección do patrimonio combarrés". Fixémoslle unha entrada propia neste blog de A Solaina a ese artigo. Tamén lla fixemos ao artigo "As derradeiras palleiras de costráns en Poio", que publicara Andrés Dacosta Paz, o secretario de A Solaina, no Faro de Vigo do 5 de xaneiro de 2014, na edición de Pontevedra (páxina 12).

HORREOS E CRUCEIROS. RESPOSTA DO CONCELLO DE POIO A ASOCIACIÓN A SOLAINA

Imagen
Transcribimos, a continuación, o escrito que no ven de remitir o Concello de Poio en relación ás últimas xestións que fixo A Solaina sobre os hórreos e os cruceiros de Combarro: En relación ao escrito presentado poLa Asociación A Solaina o 22/03/2014 (entrada no Rexistro núm. 1350) expoñendo dúas cuestións sobre os hórreos informe: - Respecto dos hórreos: este mes de marzo o arquitecto técnico Juan Manuel Iglesias Feijoó por encargo do Alcaide realizou un estudo dos hórreos do conxunto histórico de Combarro e do seu contorno, no que se cuantificaron, identificaron as fichas correspondentes do plan especial de protección, describiuse o seu estado actual e, sen prexuízo dun estudo rnáis polo miúdo, propuxéronse actuacións para a súa conservación. - Respecto dos cruceiros: tanto do cruceiro do Adro da igrexa de San Roque como do cruceiro da praza de San Roque, constan no expediente 376/1 O os informes do estado de conservación realizados en agosto de 2010 por Enrique Velasco ...

A SOLAINA RECLAMA A ATENCIÓN SOBRE O ESTADO DOS CRUCEIROS DE COMBARRO

Imagen
Este sábado 22 de marzo, a Asociación A Solaina dirixeuse ao Concello de Poio, informándolle de que a  situación dos   cruceiros   require "unha supervisión técnica", xa que algúns deles presentan certos problemas no seu estado de conservación. Tamén se lle solicita información sobre as conclusións do Informe municipal sobre o estado dos hórreos de Combarro, a sobre cales son os pasos que se van para buscar a solución aos problemas detectados. Este é o contido íntegro do texto enviado: Combarro, 18 de marzo de 2014. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Poio. Sr. Alcalde: Esta Asociación   A   Solaina   diríxese   a   Vostede   con fin de expoñer as dúas seguintes cuestións: 1ª. En relación co estado dos hórreos   de   Combarro : En   primeiro   lugar transmitirlle   que esta Asociación ve con satisfacción que por parte do   Concello  fixera  un informe sobre ese estado, a raíz da preoc...

SITUACIÓN DOS HORREOS DE COMBARRO. INFORME MUNICIPAL.

Imagen
Os medios de comunicación do 15 de marzo pasado dan conta de que o Concello de Poio acaba de finalizar un Informe técnico sobre a situación dos hórreos de Combarro. Nese Informe fanse recomendacións para a restauración e conservación destas construccións tan singulares. Non se da conta, non obstante, cales serán os pasos seguintes a dar por parte do Concello de Poio para poñer remedio aos problemas detectados. Seguiremos informando sobre os pasos para facer fronte a esta situación. ** ASI RECOLLEN ALGÚNS DOS XORNAIS A NOTICIA (15-03-2014): Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/03/15/recetario-buen-horreo/985677.html Diario de Pontevedra: "El Concello de Poio elabora un inventario con 75 hórreos de Combarro"

HORREOS DE COMBARRO. INICIO DE ESTUDIO SOBRE O ESTADO DOS MESMOS

Imagen
O 19 de febreiro de 2014 a Asociación  A Solaina informou ao Concello de Poio da caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro. Ao tempo fixo unha chamada de atención sobre o deficiente estado de conservación dos hórreos de Combarro e reclamou a elaboración dun Plan de restauración dos mesmos. O Alcalde de Poio, a través da prensa, anunciou que un técnico municipal iniciaría un estudio para coñecer a situación actual dos hórreos, co fin de elaborar un Informe que sirva de base para reclamar a colaboración económica da Xunta de Galicia. Faro de Vigo informa este xoves que ese traballo técnico acaba de empezar. Seguiremos informando. A pretensión de A Solaina é que ese Plan, coa liña de axudas correspondente, estea en marcha neste ano 2014. ASÍ O RECOLLE FARO DE VIGO: El Concello inicia el examen al estado de los más de 70 hórreos de Combarro Un técnico municipal analiza las características y necesidades de cada una de estas s...