"Conxunto Artístico e Pintoresco de Combarro".
Foi un proceso administrativo longo, no que apenas consta unha intervención municipal activa. O impulso veu de fóra, daqueles gardiáns culturais (gate-keepers) que descubrirán e transmitirán a importancia desta vila. Culminou no decreto 3394, do 30 de novembro de 1972, que declaraba: «O encanto deste núcleo urbano, coa súa inigualable e sinxela beleza, debe ser preservado, mediante a oportuna declaración monumental, de reformas e innovacións que puidesen perxudicalo». Namentres, veu funcionando unha tutela administrativa proporcionada polas «Normas que rexerán na edificación situada no Conxunto Artístico e Pintoresco de Combarro», aprobadas en Santiago de Compostela en setembro de 1952. Debaixo do dilatado proceso descrito houbo un debate intenso na década dos cincuenta entre quen defendía un pobo museo, fixado no tempo, e quen expresaba a necesidade dun conservadorismo conciliable coas esixencias presentes. Combarro tiña enton o status de recinto histórico. Con todo, aquel recoñecemen...